A Deputación da Coruña conta con diferentes liñas de axudas pensadas para particulares, empresas e concellos. Unha das máis potentes a nivel investimentos e repercusión é o Plan de Obras e Servizos. Esta subvención dota de financiamento aos 93 municipios da provincia para costear obras, subministros e servizos. E este ano bate récords ao acadar os 153 millóns de euros e unha das partidas máis destacadas é a social, que se eleva aos 8 millóns de euros.

