O sábado pola mañá foi o momento escollido pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, para achegarse ao Concello de Outes. Acompañada polo alcalde da localidade, Francisco Calo, e polo presidente da Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur), Ramón Sestayo, visitou as obras da nova residencia para persoas con discapacidade que se está a construír no municipio. Proxecto no que a Xunta está a investir 2 millóns de euros e que será xestionada pola entidade.

