25.7 C
Chicago
18 agosto, 2026
Image default

AGUIÑO REPARTIU UNHA TONELADA DE PERCEBE NA SÚA EXALTACIÓN

O protagonista ineludible da fin de semana foi o percebe. Aguiño celebrou a súa festa de exaltación e de Interese Turístico Galego, a vixésimo sétima edición desta cita gastronómica que está a crecer ano a ano, e foi un rotundo éxito. Os comensais degustaron unha tonelada do rei do mar despois de facer longas filas de espera que comezaban na lonxa local e se estendían pola explanada portuaria. Pero antes de poder degustar este crustáceo foron nomeados percebeiros de honra José Manuel Vilas, presidente do Xuventú Aguiño, e Ciprián Rivas, presidente do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira e un dos valedores do libro do centenario da confraría de Aguiño.

Related posts

A NAVALLA PROTAGONIZA A ACTIVIDADE NA LONXA DE AGUIÑO

CloudyX

O GASTROMAR ENCHERÁ RIBEIRA DE PRODUTOS DO MAR DO 20 AO 23 DE AGOSTO

CloudyX

A VECIÑANZA DE AGUIÑO RECLAMA NOVAMENTE ÁS PORTAS DO CENTRO DE SAÚDE TER A TOTALIDADE DAS PRAZAS DE MÉDICOS CUBERTAS

CloudyX