Un total de 30 concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da V edición do Circuíto de carreiras populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial coruñesa en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.
A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, contará este ano con dúas carreiras máis polo que ambas entidades esperan acadar nesta quinta edición a cifra récord de 18.000 participantes, superando os máis de 15.000 do ano pasado nas diferentes categorías.
O circuíto, conformado este ano por 30 carreiras noutros tantos municipios coruñeses, comezou o pasado sábado coa VII Carreira “Batalla de Cacheiras” , en Teo. Polo que corresponde á Barbanza o 17 de maio desputase a X Carreira popular de Outes