A falta de vivenda no mercado é unha problemática recorrente dende hai anos. Non había promoción nova e na comarca as vendas reducíanse a pisos ou casas que os seus propietarios poñían no mercado. Pero recentemente a oferta incrementouse xa que saíron á venda unha vintena de pisos en Cubeliños, Ribeira.

