O pasado 24 de xullo abriuse unha enquisa participativa sobre o futuro espazo municipal da antiga conserveira Cerqueira. O Concello de Ribeira optou por esta alternativa para coñecer as achegas da cidadanía mentres que traballa na recuperación e activación desta nave.

