A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá Ribeira para asinar un protocolo de colaboración coa alcaldesa, María Sampedro. Nesta ocasión a Xunta destinará 60.000 euros para construír un parque canino no lugar de Cubeliños. Grazas a este investimento, o municipio terá un lugar seguro, funcional e adaptado ás necesidades dos cans e das familias.

