18 noviembre, 2026
Image default

O UNIÓN DE ASADOS ARRANCA A CONFECCIÓN DO SEU EQUIPO PARA LOITAR NOVAMENTE POLO ASCENSO A PREFERENTE

O verán avanza e con el vanse coñecendo os nomes dos xogadores que defenderán as cores do Unión na campaña 2026/2027. O equipo rianxeiro afronta a temporada con gañas e ilusión, aprendendo dos erros da anterior campaña para conseguir o obxectivo de acadar o ascenso á Preferente. O pasado curso disputaron a fase de ascenso, pero o Córgomo de Vilamartín eliminounos nas semifinais do playoff. Agora os de Asados loitarán por estar un ano máis na parte alta da táboa e o farán da man de José Luis González, “Luisito”, que estará un ano máis aos mandos do equipo. E o fará con Martín López e Jose Manuel Rodríguez no seu cadro técnico.

Related posts

GRAN TRIUNFO CON REMONTADA INCLUÍDA DA EFM CONCELLO DE BOIRO

CloudyX

A XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL SALDOUSE CON DOUS TRIUNFOS E UNHA DERROTA

CloudyX

PARTIDO PARA ESQUECER DO CB NOIA NA PRIMEIRA DIVISIÓN

CloudyX