O plan de bicicletas eléctricas da Mancomunidade Barbanza Arousa comeza a facerse realidade. As primeiras estacións xa están instaladas e nos últimos días avanzaron os traballos para colocar os puntos de préstamo nos diferentes concello.s
O presidente da Mancomunidade explica que se trata dunha actuación incluída no Plan de Sustentabilidade Turística en destino, financiado con fondos europeos, que busca mellorar a conexión entre os catro municipios dunha maneira sostible.

