Aprender a navegar e descubrir o mar desde dentro. Ese é o obxectivo do novo Curso de Vela de Rianxo, unha iniciativa que regresa ao municipio tres anos sen unha oferta destas características.
A actividade celebrarase entre o 3 e o 7 de agosto nas instalacións do Club Náutico e no porto de Rianxo. Haberá dúas quendas, de mañá e de tarde, con 20 participantes en cada unha.
O curso está dirixido a nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2020, que deberán saber nadar. Terán prioridade os menores empadroados en Rianxo e tamén os socios do Club Náutico.

