26 agosto, 2026
Image default

CABO DE CRUZ IMPÚXOSE EN BUEU E LIDERA EN SOLITARIO A LIGA A

Fin de semana de emocións e remo. A Liga Galega de Traiñeiras avanza e o fai con bos resultados para os equipos da comarca. As Ligas A e B están dominadas, polo momento, por embarcacións barbanzás xa que Cabo da Cruz confirmou o seu bo momento con dous triunfos e Rianxo fixo o propio cun segundo e un primeiro posto.

A Liga A viviu unha dobre xornada en Bueu e a inicial, a do sábado, tivo un só dominador. Os vermellos puxeron a directa e remataron cun tempo de 20 minutos 41 segundos, unha vantaxe de 14 segundos co seu perseguidos, Tirán-Pereira. O domingo a loita estivo máis rifada, os crucenses leváronse a segunda vitoria da fin de semana e a bandeira Concello de Bueu, pero suando e con só tres segundos de marxe con Samertolameu.

Related posts

RIBEIRA PREPÁRASE PARA VIVIR UNHA EDICIÓN ESPECIAL DA REGATA GADIS DE VELA LIXEIRA

CloudyX

O BON III, O ORIÓN, O ALBATROS E O DRACCO CONQUISTARON O TROFEO PITUSA SABÍN

CloudyX

DERROTA DO BOIRO ANTE O BERGANTIÑOS QUE O DEIXA FÓRA DA FASE NACIONAL

CloudyX