O verán é sinónimo de traballo duro nos despachos para os equipos deportivos da comarca. O Rotogal Boiro Voleibol está a mover ficha e vén de anunciar renovacións, baixas e novas pezas que defenderán os intereses do club na nova Superliga 2 Ouro. Adrián “Chicho” Alves continuará como adestrador do equipo, apostando pola continuidade do proxecto.

