26 agosto, 2026
Image default

O NOIA PORTUS APOSTOLI RENOVA A THIERRY PARA A SÚA TERCEIRA TEMPADA

O ala brasileiro Thierry continuará no Agustín Mourís unha tempada máis, ampliando así a súa vinculación co Noia Portus Apostoli tras o acordo conseguido para ampliar a súa cesión co Illes Balears Palma Futsal.
Desta maneira, o club aposta pola continuidade dunha das pezas fundamentais do equipo de David Palmas. Thierry disputou un total de 57 encontros coa camiseta do Noia e suma 16 goles e 17 asistencias, ademais de gañar a cuarta Copa Galicia de fútbol sala e a épica permanencia con desenlace en Torrejón.
Dende a súa chegada, o ala zurdo non deixou de destacar grazas á súa Competitividade, intensidade e ao seu control de balón, o que o levou a ser un dos importantes motores da formación.
Con esta renovación, Thierry cumprirá a súa terceira tempada no Noia Portus Apostoli, tendo así a oportunidade de seguir demostrando constancia e calidade nunha afección que segue escalando postos dentro da elite do fútbol sala.

Related posts

RIBEIRA PREPÁRASE PARA VIVIR UNHA EDICIÓN ESPECIAL DA REGATA GADIS DE VELA LIXEIRA

CloudyX

O BON III, O ORIÓN, O ALBATROS E O DRACCO CONQUISTARON O TROFEO PITUSA SABÍN

CloudyX

DERROTA DO BOIRO ANTE O BERGANTIÑOS QUE O DEIXA FÓRA DA FASE NACIONAL

CloudyX