Onte á tarde botou a andar en Muros o Torneo Clasificatorio Arena 1000 da Deputación da Coruña de balonmán praia. Trátase dunha competición oficial organizada polo ente provincial e pola Federación Galega de Balonmán en colaboración co Concello muradán.

