A parroquia de Xuño, no Porto do Son, acolle estes días traballos de xestión da biomasa nas chamadas faixas secundarias de protección fronte aos incendios.
A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou a zona para comprobar o avance dunhas actuacións que se desenvolven ao abeiro do convenio entre a Xunta e a empresa pública Seaga.

