Este domingo o peirao de Cabo de Cruz e a sede do club de remo local enchéronse coa xornada de portas abertas e a presentación das embarcacións que participarán esta temporada na Liga Galega de Traiñeiras. O presidente do Club de Remo Cabo da Cruz, Luís Piñeiro, apuntou foi un día cheo de actividade e de emocións.

