As obras continúan no Concello de Noia. O goberno local vén de impulsar os traballos de acondicionamento da contorna da igrexa do Obre. Esta actuación permitirá completar a primeira fase das sendas peonís e renovar infraestruturas básicas nun dos espazos patrimoniais máis singulares do municipio.

