27.8 C
Chicago
29 agosto, 2026
Image default

O PORTUS APOSTOLI XUVENIL DESPEDIUSE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB19 LOGO DE CAER POR 2-0 CO CARTAGENA

A Cidade do Fútbol das Rozas acolleu o duelo dos cuartos de final do Campionato de España sub19 de clubs no que se enfrontaron o Jimbee Cartagena e o Noia Portus Apostoli xuvenil. Os noieses chegaban a esta cita coa intención de conseguir a clasificación para as semifinais e seguir facendo historia cunha xeración irrepetible. Pero os pupilos de Pablo Cardoso non atoparon o camiño ao gol e os cartaxineses leváronse o triunfo por 2-0.

O duelo estivo moi equilibrado, tanto que ningún dos dous equipos foi quen de poñerse por diante na primeira metade. E iso que houbo ocasións. Os noieses gozaron dalgunhas con moito perigo, sobre todo ao final do primeiro tempo, pero a falta de puntería, a defensa rival ou o meta impediron que puideran abrir o marcador.

Arrancou a segunda metade con máis chegadas brancas e unha presión alta que provocou erros no Cartagena, pero o Noia non puido aproveitalos. O Jimbee conseguiu poñerse por diante cando faltaban 8 minutos e 13 segundos para o final. Cris evitou o gol de primeiras mando o esférico a córner, pero a defensa branca non se pechou ben e Dani Ruano non perdoou.

Os brancos buscaron sen éxito o empate, apostando polo porteiro xogador. Pero unha perda no centro do campo a falta de 2 minutos para o final converteuse no 2-0 en favor do Cartagena. Diferenza que os brancos non puideron igualar a pesar de xerar ocasións para acurtar distancias.

O Noia Portus Apostoli pecha unha gran temporada con este encontro que é o final dunha gran xeración noiesa.

Related posts

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

CloudyX

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS

CloudyX