25.7 C
Chicago
31 agosto, 2026
Image default

A BANDEIRA DE BATEIS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VIVIRÁ A SÚA SEGUNDA EDICIÓN ESTE SÁBADO EN MUROS

Este sábado 20 de xuño desenvolverase unha nova competición de remo no peirao de Muros. O municipio será a sede da Bandeira de Bateis Deputacián da Coruña coa celebración da súa segunda edición. O porto muradán reunirá a tripulacións das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sub23 nas modalidades masculina e feminina.

A proba está organizada pola Deputación da Coruña coa colaboración da Federación Galega de Remo e do Club de Remo Muros e arrancará o sábado ás 10.30 coa disputa das regatas clasificatorias. Xa á tarde, ás 16.00 horas, será a quenda das finais.

Segundo as categorías, percorreranse diferentes distancias. Os alevíns remarán 500 metros, os infantís 1.000, os cadetes 1.500 e 2.000 metros para os xuvenís. Esta cita xurdiu como unha aposta da Deputación da Coruña polo deporte base e polos clubs que manteñen viva o remo, modalidade moi arraigada ao mar e a Galicia.

Esta segunda edición da Bandeira Deputación da Coruña de Bateis está aberta aos clubs de remo da provincia coruñesa que conten con licenza federativa en vigor. Cada club poderá inscribir un equipo por categoría e modalidade antes das 12.00 horas do xoves 18.

A Deputación entregará dúas bandeiras, unha masculina e outra feminina, aos clubs que finalicen a competición coa maior puntuación en cada apartado. As tripulacións máis rápidas das categorías recibirán medallas.

Related posts

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

CloudyX

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS

CloudyX