Nesta segunda cita, disputada en modalidade Fourball e recorrido longo, volveu a evidenciarse a igualdade entre as parellas participantes e o alto nivel de xogo.
Na xornada, os mellores en Scratch foron Simón Varela e Daniel Varela, mentres que en Hándicap o triunfo foi para José Manuel Ferro e Lucas Ferro.
Tras esta segunda xornada, nas clasificacións acumuladas de Hándicap, comparten o liderado Damian Eiras Outeiral e Jose Rivera Rodríguez xunto con David Montero Colón e Ismael Calvo Muñiz, ambos con 89 puntos, moi preto seguidos por varias parellas en persecución directa.
En Scratch, o liderado global queda para Marcos Gómez Domínguez e Simon Varela Novoa, que se sitúan na primeira posición con 89 golpes, seguidos moi de preto por Damian Eiras e Jose Rivera e tamén por David Montero e Ismael Calvo.
A Liga non se detén e esta mesma semana disputarase xa a terceira xornada da Liga de Parellas Primavera 2026, nesta ocasión en modalidade Fourball e percorrido curto, nunha competición que segue aberta e moi igualada en todas as clasificacións.

