30.7 C
Chicago
1 septiembre, 2026
Image default

MILES DE PERSOAS E CENTOS DE BARCOS TOMARON A ILLA DE AROUSA NUNHA GRAN PROTESTA CONTRA OS PROXECTOS DE ALTRI E A MINA DE TOURO-O PINO

A Illa de Arousa foi escenario dunha mobilización multitudinaria en defensa do medio ambiente en Galicia. O domingo, milleiros de persoas percorreron as súas rúas ata o peirao de O Xufre, onde se concentraron xunto a máis de 300 embarcacións que se uniron dende o mar facendo soar as súas bocinas.
A protesta, convocada por diversas plataformas sociais e veciñais, expresou un rexeitamento frontal á factoría proxectada por Altri na comarca da Ulloa e á posible reapertura da mina de Touro-O Pino. Os manifestantes reclamaron a paralización definitiva destes proxectos, ao considerar que ameazan o equilibrio da ría e o futuro do sector marisqueiro.
Cánticos como “Altri non, mina tampouco” ou “Queremos traballar no noso rural”, foron os protagonistas durante todo o percorrido. Tamén se procedeu á lectura dun manifesto no que se reiterou a defensa do territorio e se advertiu do impacto que estas iniciativas poderían ter sobre a ría de Arousa.
Segundo os organizadores, arredor de 10.000 persoas participaron nunha protesta multitudinaria que deixa unha mensaxe clara: a defensa da ría segue mobilizando Galicia.

Related posts

DOUS ARTEFACTOS EXPLOSIVOS DA GUERRA CIVIL OBRIGARON Á INTERVENCIÓN DOS ESPECIALISTAS DA GARDA CIVIL EN BERGONDO E PADRÓN

CloudyX

O CERCO AFRONTA SEMANAS DE INCERTEZA

CloudyX

O XURELO NON ESTÁ A APARECER PRETO DA COSTA DA COMARCA, PERO SI COMEZA A FACELO O CHINCHO

CloudyX