32.6 C
Chicago
2 septiembre, 2026
Image default

A MIXTA DA ESTEIRANA, CAMPIOA DE ESPAÑA DE TRAIÑEIRAS NUNHA CITA CON MÉRITOS PARA MUROS E CABO

O Campionato de España de Traiñeiras dispuado en Meira, Moaña, deixou unha xornada moi positiva para o remo da comarca do Barbanza.
Na categoría veterana mixta, o Club de Remo Esteirana proclamouse campión de España por segundo ano consecutivo, impoñendo a súa lei con autoridade e avantaxando en máis de dez segundos ao Zumaiako. O bronce foi para o equipo de Club de Remo Muros, que completou unha actuación destacada.
Tamén houbo presenza no podio na categoría veterana feminina, onde o Club de Remo Cabo da Cruz acadou a medalla de prata tras unha dura regata fronte a Cangas e Samertolomeu.
Na categoría masculina, os equipos barbanzáns non lograron entrar na final A, aínda que Cabo da Cruz e Rianxo pelexaron na final de consolación, nun campionato dominado polas embarcacións vascas na categoría absoluta.

Related posts

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

CloudyX

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS

CloudyX