O marisqueo viviu tempos mellores na ría de Muros e Noia. Son varios os factores que están a afectar á produtividade dos bancos marisqueiros. Este ano o tren de borrascas que asolou Galicia no inicio do exercicio deixou tras de si unha alta porcentaxe de mortaldade pola caída da salinidade do mar. Pero a ría de Muros e Noia ten máis problemáticas que atallar para recuperar o seu esplendor.

