32.6 C
Chicago
2 septiembre, 2026
Image default

HOXE ARRANCAOU O MUNDIAL DE FÚTBOL QUE SE CELEBRA EN MÉXICO, CANADÁ E ESTADOS UNIDOS

A Copa do Mundo da FIFA botou a andar ás 21.00 horas co primeiro encontro da fase de grupos protagonizado por México, un dos países anfitrións, e Sudáfrica. Este mundial está a ter o foco por diversas cuestións. É o primeiro que se celebra en tres países xa que ademais de México, Canadá e Estados Unidos son tamén sede do torneo. E conta co maior número de equipos da historia. 48 seleccións nacionais danse cita na fase de grupos para loitar polo cetro internacional nos seguintes 39 días. Disputaranse 104 partidos, o derradeiro, a gran final, será o 19 de xullo en Nova Jersey.

Unha das seleccións favoritas a levarse o título é a española. Chega a esta competición logo de gañar a Eurocopa no 2024 e de encadear 30 partidos sen perder. Outros equipos candidatos que darán que falar son Francia, Brasil, Inglaterra, Arxentina ou Portugal.

O partido inaugural arrancou esta tarde ás 21.00 horas e nel enfrontáronse México e Sudáfrica. España, enmarcada no grupo H, debutará neste mundial o luns ás 18.00 horas. Veranse as caras ante Cabo Verde no Estadio Atlanta. O galego Borja Iglesias forma parte do equipo nacional que aspira a conseguir a súa segunda estrela.

Related posts

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

CloudyX

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS

CloudyX