3 septiembre, 2026
Image default

O V CAMPIONATO DE FUTEVOLEI PALMEIRĀO SUPEROU TODAS AS EXPECTATIVAS

A praia de Riazor converteuse esta fin de semana no epicentro do Futevolei coa celebración do campionato Palmeirāo. O torneo reuniu a case 40 xogadores, unha cifra que superou amplamente as previsións iniciais da organización.
A resposta dos participantes foi tan positiva que incluso se puido crear unha nova categoría mixta grazas á inscrición de cinco parellas, facendo que a competición contase finalmente con tres modalidades: iniciación, mixta e avanzado.
No apartado de iniciación, a vitoria foi para os protugueses Pedrinho e Theo. Na categoría mixta, os brasileiros Daiane e Diego impuxéronse ao resto de participantes. E xa na competición avanzada, o triunfo volveu quedar en mans portuguesas grazas a Antonio e Theo.
Dende a organización destacan non só o nivel deportivo amosado durante toda a xornada, senón tamén o ambiente vivido na area e a presenza de xogadores internacionais, o que confirma o crecente interese que esperta esta modalidade.
Ante o éxito desta edición, xa se está estudando a posibilidade de organizar outro campionato para finais do verán.

Related posts

A CHUVIA NON IMPEDIU QUE OS PARTICIPANTES NA REGATA DO CIRCUÍTO PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO BRILLARAN EN BOIRO

CloudyX

DAVID DE LA FUENTE E AINOA GONTÁN FORON OS MÁIS RÁPIDOS DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA

CloudyX

O CIDADE DE RIBEIRA CONTINÚA A PECHAR O SEU EQUIPO PARA A NOVA TEMPADA

CloudyX