25.8 C
Chicago
4 septiembre, 2026
Image default

O CIDADE DE RIBEIRA FOI O GRAN PROTAGONISTA DA COPA SÁLVORA NO ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN

A Copa Sálvora puxo o broche final á súa edición deste ano coa disputa dos encontros da categoría infantil, nunha xornada marcada polo dominio do Cidade de Ribeira.
O equipo ribeirense alzouse co título da fase de ouro tras superar ao Villestro na gran final. O podio completárono o Val Miñor, terceiro clasificado, e o Porriño Industrial, que rematou na cuarta posición.
O éxito local non quedou aí. O Cidade de Ribeira B tamén logrou impoñerse na fase prata, conseguindo así que os dous títulos da competición quedasen na casa, demostrando así a boa racha que levan tras de sí os equipos da categoría infantil.

Related posts

ÚLTIMA PROBA PARA O PORTUS APOSTOLI ANTES DE ARRANCAR A CAMPAÑA

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA PREPARA A NOVA TEMPADA

CloudyX

CABO DA CRUZ REMATOU DÉCIMO CUARTO NA CLASIFICATORIA DA BANDEIRA DA CONCHA

CloudyX