Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse ata Ribadeo onde acudiu co seu homólogo asturiano, Adrián Barbón, á casa do concello. Alí asinaron o libro de honra e participaron xuntos no izado da nova bandeira de Ribadeo. O titular do Goberno galego destacou a unión que hai entre Galicia e Asturias.

