5 septiembre, 2026
Image default

TRAS O ÉXITO DA PRIMEIRA QUENDA DA COPA SÁLVORA, CHEGA AGORA A COMPETICIÓN DE FÚTBOL 11

A Copa Sálvora encara a súa segunda e derradeira fin de semana de competición. Despois dunha primeira xornada de fútbol base nos que participaron 55 equipos de categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín, a atención trasládase agora ao fútbol 11.
Na primeira fin de semana proclamáronse campións o Xuventú Aguiño en categoría biberón, o Conxo en prebenxamíns, o Cidade de Ribeira en benxamíns e o Villestro en alevíns, deixando un gran ambiente nas bancadas e sobre o terreo de xogo.
A Fieiteira acollerá este sábado e domingo os encontros da categoría infantil, na que competirán 16 conxuntos chegados de distintos puntos de Galicia. O torneo poñerá así o broche final á XIX edición dunha cita xa consolidada no calendario deportivo ribeirense.

Related posts

ÚLTIMA PROBA PARA O PORTUS APOSTOLI ANTES DE ARRANCAR A CAMPAÑA

CloudyX

A EFM CONCELLO DE BOIRO XA PREPARA A NOVA TEMPADA

CloudyX

CABO DA CRUZ REMATOU DÉCIMO CUARTO NA CLASIFICATORIA DA BANDEIRA DA CONCHA

CloudyX