O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia pechou a súa execución cunha porcentaxe do 99,3%, unha cifra que sitúa á comunidade por enriba dos niveis medios de execución rexistrados tanto en España como no conxunto da Unión Europea.
Segundo destacou a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, o programa permitiu mobilizar máis de 1.600 millóns de euros de investimento público destinados a impulsar a modernización, a competitividade e a sustentabilidade do rural alego.

