Sesenta alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primeiro de Primaria do CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira participaron na presentación de LABMAR II, a segunda edición do laboratorio participativo para a prevención e valorización das basuras mariñas.
O proxecto, impulsado por Fundamar, Amicos e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, dá continuidade ao traballo desenvolvido en Galicia e Andalucía, incorporando agora Asturias e a Comunidade Valenciana para ampliar o seu impacto territorial.

