O Pazo do Hórreo volveu a acoller unha nova sesión plenaria na que os diversos grupos políticos afondaron en temáticas industriais e laborais. Nesta ocasión, o encargado de abrir as intervencións foi o partavoz do PSdeG, José Ramón Besteiro.
O socialista puxo o foco na situación da industria galega. Acusou á Xunta de acumular anuncios que non se concretan e sostivo que os grandes proxectos industriais chegan grazas ao impulso do Goberno central e aos fondos europeos.

