Esta mañá a Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, levou ao Parlamento galego a transferencia da AP-9. A titular do departamento reivindicou no pazo do Hórreo que Galicia quere a transferencia en base á vontade que se expresou na Cámara, non a calquera prezo. En resposta ao texto proposto como alternativa polo BNG e o PSdeG-PSOE.

