A confraría de Porto do Son ten diferentes artes, dende o cerco a artes menores pasando polo marisqueo. Este último non está a pasar polo seu mellor momento. Os temporais que protagonizaron o inicio do ano obrigou a pechar a campaña marisqueira de Noia polo que os profesionais levan meses sen traballar. No caso dos mariscadores sonenses, tampouco están a percibir axudas.

