O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a empresa Vertex Bioenergy en Curtis. Ademais de coñecer as súas instalacións, o titular do Goberno galego defendeu a capacidade do rural de atraer investimentos industriais innovadores e que impulsen a transición ecolóxica. Un dos proxectos de Vertex é a construción dunha nova planta de CO2 bioxénico.

