Dende a Mancomunidade Barbanza Arousa visitaron as obras de rehabilitación e musealización das antigas plantas de salgadura e secadoiro de polbo situadas nas praias de Area Secada e O Touro.
O proxecto permitirá recuperar un espazo histórico vencellado á industria pesqueira e conserveira, converténdoo nun museo-centro de interpretación dedicado á memoria da salgadura, unha actividade clave no desenvolvemento económico e social de Ribeira entre os séculos XIX e XX.

