A Festa do Sancosmeiro 2026 celebrarase o vindeiro 27 de xuño en Noia cun programa que combinará tradición, música e actividades culturais arredor dunha das celebracións máis singulares da comarca.
Durante a presentación da cita cultural, a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, destacou a renovación da directiva e o compromiso do Concello co impulso desta celebración tradicional. A edil puxo en valor a implicación veciñal na defensa da cultura popular e das tradicións propias.

