Galicia celebra os 35 anos da transferencia das competencias sanitarias á comunidade autónoma. Nun acto en Santiago, o presidente da Xunta puxo en valor a evolución do sistema público de saúde desde 1991.
Alfonso Rueda asegurou que a sanidade galega mudou por completo grazas ao traballo conxunto das administracións, os profesionais sanitarios, as universidades e tamén as asociacións de pacientes.

