O circuíto da Virxe de Loreto converteuse nun gran escenario deportivo coa celebración da fase Intercomarcal do Cros Escolar establecido dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. A competición reuniu preto de mil rapaces e rapazas procedentes de 72 centros educativos das comarcas da Costa da Morte, Barbanza, Muros-Noia e Terras de Xallas.
As probas desenvolvéronse entre as 11:30h e as 13:30h, con participación nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

