O Concello de Noia celebrou a súa primeira Xunta Local de Seguridade en oito anos, reunión na que participaron representantes municipais, da Garda Civil, da Policía Local e da Subdelegación do Goberno. Todo co obxectivo de analizar a situación da seguridade no municipio e reforzar a coordinación entre administracións.
Durante o encontro, destacouse que Noia continúa a ser un concello seguro, aínda que se insistiu na importancia de manter o traballo conxunto entre os distintos corpos de seguridade.

