Esta mañá desenvolveuse o Pleno do Parlamento no pazo do Hórreo e unha das cuestións que se abordaron foi o actual modelo da atención primaria en Galicia. O socialista Julio Torrado, sinalou que investimento por habitante en sanidade é de 1.900 euros, cifra por debaixo da media de España. E apuntou que na atención primaria se inviste o 12%, segundo recolle o Consello de Contas.

