14.5 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

O CB BERBERECHO DE NOIA DEU UN PASO ADIANTE NA LOITA POLA PERMANENCIA TRAS IMPOÑERSE POR 70 A 63 AO SEIS DO NADAL-COIA

O pasado 2 de maio, o pavillón Alonso Rodríguez foi escenario dun encontro decisivo. O CB Berberecho de Noia recibía ao Seis do Nadal-Coia nun duelo directo por manterse na competición.
Os noieses responderon cun sólido partido, logrando impoñerse por 70 a 63 nun choque moi disputado de principio a fin. Esta vitoria supón un impulso anímico importante para o equipo, que segue loitando por asegurar a súa continuidade na categoría.
Ata o momento, o Berberecho suma 3 vitorias en 10 encontros nesta fase, fronte a 7 derrotas, uns números que os sitúan na quinta posición da táboa.
Co final da competición cada vez máis preto, o equipo encara agora un novo reto: na xornada 13 desparazaranse para enfrontarse ao Optica Cambre o vindeiro 10 de maio.
Quedan só dúas xornadas para o remate, e cada partido será decisivo.

Related posts

O CLUB DE REMO FAI UNHA LECTURA MOI POSITIVA DESTA TEMPADA 2025/26

CloudyX

TRES VITORIAS, TRES EMPATES E DÚAS DERROTAS FORON O BALANCE DOS EQUIPOS DA COMARCA NA SEGUNDA FUTGAL

CloudyX

NOVA OPORTUNIDADE DE XERAR PUNTOS PARA OS EQUIPOS DA COMARCA NA PRIMEIRA FUTGAL.

CloudyX