O 21 de marzo o Rotogal Boiro Voleibol disputou o seu último partido da campaña 2025-2026 na Superliga 2. Levouse o triunfo por 1-3 ante o Universidade de Valladolid para poñer o broche a unha gran temporada na que foi o terceiro mellor equipo do grupo A, só superado por Intasa San Sadurniño e Suac Canarias. O adestrador do conxunto boirense, Adrián Alves, fixo un balance positivo desta tempada na que acariñaron a Copa Príncipe a o playoff de ascenso.

