Os Equipos Territoriais da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia e Carballo, en colaboración coa Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia, veñen de deter a dous homes como presuntos autores de varios delitos de roubo con forza. Ademais de dous delitos contra a seguridade viaria na operación Market.
A investigación iniciouse logo do roubo con forza vivido nun supermercado de Santa Comba en agosto do pasado 2025. Mentres se desenvolvían as indagacións producíronse máis atracos con forza en súpers doutras localidades da provincia coas mesmas características de execución.
O primeiro día estudaban o lugar, planificaban o golpe e inutilizaban o sistema de alarma. Para ao día seguinte de madrugada acceder ao interior con lanzas térmicas ou cortadores de plasma para forzar as caixas fortes.
Grazas ao traballo de campo axentes da Garda Civil identificaron aos presuntos responsables ao sorprendelos xusto cando ían a cometer un roubo en Arteixo e foron detidos. Con esta operación o instituto armado esclareceu roubos realizados en supermecados de Santa Comba, Laracha, Ponteceso, Arteixo, Bertamiráns, Cerceda, Malpica e Arteixo.
Os detidos foron postos a disposición xudicial do Tribunal de Instancia Sección Civil de Negreira, decretando a autoridade xudicial o seu ingreso en prisión.

