15 agosto, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA MEDIO MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS A CONFRARÍAS E MARISCADORAS

A Deputación da Coruña vén de resolver a concesión de máis de 538.000 euros en subvencións para impulsar o sector do mar en toda a provincia, chegando a un total de 36 entidades.
Un apoio económico que se divide en dúas liñas: por unha banda, o mantemento da actividade das confrarías e agrupacións maisqueiras, e pola outra, a promoción do mar a través de festas e iniciativas divulgativas.
No caso do Barbanza, estas axudas teñen unha presenza especialmente relevante. Na liña destinada ao funcionamento das entidades, destacan achegas para a confraría de Carreira e Aguiño, Ribeira, a da Pobra do Caramiñal, Cabo de Cruz, Portosín ou Porto do Son, ademais do pósito de Rianxo. Uns fondos que permitirán facer fronte a gastos de persoal, melloras nos procesos de comercialización ou funcionamento das lonxas.
Na liña de promoción, o Barbanza volve ter protagonismo con apoios a iniciativas como as da confraría de Portosín ou a de Noia, centradas na exaltación de produtos do mar, fundamentais para dinamizar a economía local e atraer visitantes.
Dende a Deputación destacan que estas axudas son clave para garantir o futuro dun sector estratéxico, que xera emprego e mantén viva a tradición mariñeira nos concellos costeiros.

Related posts

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN ENXALZA AS VANTAXES DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONCEDE MÁIS DE 10 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS DO PEL

CloudyX

A POBRA ACOLLERÁ ESTE VENRES O XIII ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL

CloudyX