O antigo colexio do Cruceiro de Roo, no concello de Outes, transformarase nunha residencia para persoas con discapacidade. O proxecto, financiado pola Xunta con 2 millóns de euros, ofrecerá 24 prazas distribuídas entre habitacións e pequenos apartamentos, co obxectivo de favorecer a autonomía persoal e a inclusión social.

