O auditorio de Rianxo acollerá este sábado a primeira xornada formativa organizada por BarbanTEA, centrada na regulación no autismo. Trátase dunha actividade homologada pola Xunta de Galicia e que conta coa colaboración da Universidade Internacional de La Rioja.

