Galicia pechou marzo con cifras récord. A comunidade rexistrou 1.095.875 afiliacións á Seguridade Social, 16.479 cotizandes máis que en marzo do 2025. Mentres que houbo 114.670 parados, 4.485 menos que o pasado ano. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo en valor estes datos e sinalou que son os mellores para un mes de marzo dende que hai rexistros.

