17 noviembre, 2026
Image default

UN RECENTE FALLO DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL ESTÁ A XERAR CONTROVERSIA NO ÁMBITO XUDICIAL E POLICIAL

O Tribunal Constitucional vén de establecer unha nova doutrina que cuestiona determinadas prácticas empregadas polas forzas de seguridade en operacións contra o narcotráfico. En concreto, pon o foco no uso de investigacións encubertas e na valides dalgunhas probas obtidas sen autorización xudicial suficiente.
En Galicia, unha das preocupacións céntrase no impacto que este fallo poida ter en causas relevantes, como a investigación de redes de narcotráfico na ría de Arousa.
Se esta doutrina entrara en vigor antes do pasado outubro, suporía un contratempo para a operación policial desenrolada, por exemplo, na Pobra do Caramiñal, onde se requisaron 3.650 quilos de cocaína. De existir naquel momento, os detidos poderían coñecer o fondo da investigación en detrimento desta.
As autoridades xudiciais e fiscais están agora a anlizar diversos casos para avaliar posibles consecuencias. Mentres tanto, sindicatos policiais advirten de que esta nova interpretación podería dificultar a loita contra o narcotráfico.

Related posts

AS FARMACIAS CONVÉRTENSE NO LUGAR DE REFERENCIA PARA ALGUNHAS DOENZAS

CloudyX

ARRANCA A CAMPAÑA ELECTORAL

CloudyX

BARBANZA AROUSA DESCUBRIU A GUÍAS OFICIAIS DE TURISMO O CAMIÑO A ORIXE E O DESTINO NUNHA XORNADA DE VISITA AOS CATRO CONCELLOS

CloudyX