O conflito bélico que se está a desenvolver en Irán provocou unha alza notable do prezo dos combustibles, factor que afectou en gran medida aos pesqueiros que viron como día a día o valor da gasolina e do gasoil crecía. Os profesionais reclamaron axudas para poder facer fronte a esta situación e manter a súa actividade e o Goberno central vén de aprobar axudas e unha compensación para as embarcacións pesqueiras polo incremento dos custes.

