O conflito laboral provocou a suspensión de máis de 72.000 consultas en centros de saúde de toda Galicia. Unha situación que, segundo a Consellería, comeza agora a reconducirse tras semanas de negociación. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou que xa son seis os sindicatos que se suman ao acordo marco.

